O compromiso da UDC coa mellora da empregabilidade do seu alumnado egresado xerou una crecente demanda de datos de calidade sobre a súa transición ao mercado de traballo. Para dar resposta a esa demanda, o Observatorio Ocupacional da UDC realiza anualmente unha enquisa de inserción laboral dos seus egresados de grao e máster.

Cada enquisa anual céntrase na cohorte do curso anterior, é dicir, analiza a inserción do alumnado egresado de grao e máster un ano despois do seu egreso. Unha das virtudes fundamentais deste estudo é que persegue xerar non só una mostra representativa a nivel do conxunto da universidade, senón tamén a nivel de cada una das titulacións.

A finalidade básica da enquisa anual é ofrecer información útil para a mellora das medidas encamiñadas a mellorar a empregabilidade de nosos egresados. Os obxectivos específicos son os seguintes:

Co fin de profundar no compromiso do Observatorio por xerar datos útiles, presentamos aquí unha nova ferramenta para a visualización interactiva dos resultados destas enquisas.

Desde o Observatorio Ocupacional da UDC esperamos que esta aplicación de visualización interactiva de datos achegue informacións útiles a toda a comunidade da UDC. Aos estudantes e futuros estudantes, os datos que aquí se presentan poderían axudalos/as a tomaren decisións máis informadas sobre o seu futuro profesional. Ás facultades e departamentos e, en xeral, a todos os organismos unipersonais e colectivos da UDC que teñen algún papel no deseño das titulacións, poderían facilitarlles a tarefa de expor medidas encamiñadas á mellora da empregabilidade do alumnado unha vez titulado.