Por que a taxa de paro non é a inversa da taxa de emprego?
As taxas de paro e emprego teñen denominadores distintos. Mentres que a taxa de emprego mostra os ocupados en relación ao total da poboación, a taxa de paro mostra os desempregados en relación ao total de activos. A taxa de emprego indica que proporción de nosos egresados está a traballar no momento da enquisa, mentres que a taxa de paro indica que proporción dos egresados que saíron ao mercado traballo non conseguiu emprego.
Por que non se mostran os datos das titulacións con mostras pequenas?
O número de egresados e/ou de egresados enquisados nalgunhas titulacións é baixo, o que non permite estimacións adecuadas. Ademais, mostras tan reducidas poderían permitir a identificación das persoas a partir das respostas, polo que decidiuse non mostrar datos daquelas titulacións cunha mostra inferior a 10, aínda que os datos destas titulacións si computan nos cálculos globais da UDC.
A que grupos poboacionais referímonos coa expresión “cohorte”?
Aínda que é habitual tomar a data de inicio dos estudos para determinar unha “cohorte” de estudantes, no estudo da inserción laboral ten máis sentido tomar a data de finalización dos estudos para determinar unha “cohorte” de estudantes. Por tanto, a cohorte do curso 20-21, por exemplo, refírese ao conxunto de alumnos que finalizaron os seus estudos durante ese curso.