Nesta aplicación móstranse os resultados das enquisas anuais de inserción laboral de egresados de grao e máster da UDC. Estas enquisas anuais realízanse mediante a administración dun cuestionario deseñado a partir dos traballos anteriores do Observatorio Ocupacional, así como das recomendacións da Rede de Observatorios de Emprego das universidades españolas.

Poboación e mostra

En cada enquisa, que adoita realizarse na segunda quincena de xullo, a poboación obxecto de estudo defínese como o total de alumnado egresado de titulacións de grao e máster da Universidade da Coruña no curso anterior. É dicir, a poboación atópase, no momento do estudo, a unha media de 12 meses da data da súa de finalización dos estudos. Con todo, no canto de calcular un tamaño da mostra para este universo, en cada edición do estudo determínase unha mostra obxectivo para cada titulación que, cun nivel de confianza do 95%, permita realizar estimacións a nivel de titulación cunha marxe de erro do 3%. A mostra de cada titulación calcúlase coa fórmula habitual:

n=NZ2p(1-p)e2Z2p(1-p)e2+N-1

Onde N é o total de egresados da titulación durante o curso obxecto de estudo, p=0.5, o valor de Z é o correspondente ao nivel de confianza do 95 % (1.96), e o valor de e o correspondente á marxe de erro do 3 % (0.03).

O número de egresados e/ou de egresados enquisados nalgunhas titulacións é baixo, o que non permite estimacións adecuadas. Ademais, mostras tan reducidas poderían permitir a identificación das persoas a partir das respostas, polo que decidiuse non mostrar datos daquelas titulacións cunha mostra inferior a 10, aínda que os datos destas titulacións si computan nos cálculos globais da UDC.

As poboacións e mostras dos distintos estudos son as seguintes:

Traballo de campo

O traballo de campo consiste na realización de entrevistas telefónicas asistidas por computador durante a segunda quincena de xullo de cada ano, e foi realizado pola empresa de estudos de mercado e enquisas IDEARA S.L. O tratamento dos datos de contacto de egresados regulouse mediante un contrato de tratamento de datos persoais entre a UDC e a empresa, de acordo coa normativa vixente.

O protocolo de contactos para a realización da enquisa prevía un mínimo de tres intentos de contacto en horas e días distintos por cada persoa seleccionada de maneira aleatoria, antes de descartar esa persoa de forma definitiva para a súa inclusión na mostra.

Preparación dos datos

No proceso de preparación dos datos para a súa análise tomáronse as seguintes decisións: